SchildiChat-android/fastlane/metadata/android/gl-ES/full_description.txt
SpiritCroc d6f5aabc46 [TMP] Automatic upstream merge preparation
Change-Id: Id09c56f5fe0b4b9c72ab069f654d5084e83f7660
2022-11-03 09:20:33 +01:00

42 lines
3.5 KiB
Text

Element é tanto unha mensaxería segura e unha app de productividade para o traballo en equipo, perfecta para conversas de grupos con traballo remoto. Esta app de chat usa cifrado de extremo-a-extremo para proporcionar video conferencias seguras, compartición de ficheiros e chamadas de voz.
<b>Características de Element incluídas:</b>
- Ferramentas avanzadas para a comunicación en liña
- Mensaxes completamente cifradas para permitir a comunicación corporativa, incluso para traballo remoto
- Chat descentralizado baseado no sistema de código aberto Matrix
- Compartición segura de ficheiros con datos cifrados na xestión de proxectos
- Chats de vídeo con Voz sobre IP en compartición de pantalla
- Integración doada con outras ferramentas de colaboración en liña, ferramentas de xestión de proxectos, servizos VoIP e outras apps de mensaxería para equipos
Element é completamente diferente a outras apps de mensaxería e traballo en equipo. Funciona grazas a Matrix, unha rede aberta para mensaxería segura e descentralizada. Permite a hospedaxe na infraestructura propia para proporcionar o maior grao de propiedade e control sobre os teus datos e mensaxes.
<b>Mensaxería privada e cifrada</b>
Element protéxete da publicidade non solicitada, minería de datos e burbullas de contido. Tamén protexe os teus datos, chamadas de vídeo e voz cifradas de extremo-a-extremo así como verificación con sinatura dos dispositivos.
Element pon baixo o teu control a túa privacidade permitíndoche comunicarte de xeito seguro con calquera a través da rede Matrix, ou en outras ferramentas de colaboración para empresas ao estar integrada en apps como Slack.
<b>Element na túa infraestructura</b>
Para un maior control sobre os teus datos sensibles e comunicacións, podes hospedar Element ou elexir calquera hóspede baseado en Matrix - un estándar para comunicación descentralizado e de código aberto. Element proporciona privacidade e seguridade así como flexibilidade para a integración.
<b>Os teus datos</b>
Ti decides onde gardas os teus datos e mensaxes. Sen o risco da minería de datos ou acceso por terceiras partes.
Element ponte ao mando de varios xeitos:
1. Consigue unha conta gratuíta no servidor público matrix.org hospedado polos desenvolvedores de Matrix, ou elixe entre miles de servidores públicos xestionados por voluntarias
2. Hospeda a túa conta na túa propia infraestructura IT
3. Crea unha conta nun servidor personalizado simplemente subscribíndote á plataforma de hospedaxe Element Matrix Services
<b>Mensaxería e Colaboración abertas</b>
Podes conversar con calquera na rede Matrix, tanto se usan Element ou outra app Matrix ou incluso unha mensaxería diferente.
<b>Super segura</b>
Cifrado real de extremo-a-extremo (só quen participa na conversa pode descifrar as mensaxes), e verificación con sinatura cruzada dos dispositivos.
<b>Comunicación e integración completas</b>
Mensaxería, chamadas de voz e vídeo, compartición de ficheiros, compartición de pantalla e moitas máis integracións, bots e widgets. Crea salas, comunidades, mantén o contacto e saca adiante o traballo.
<b>Continúa onde o deixaches</b>
Sigue en contacto alá onde estés grazas ao historial sincronizado de mensaxería entre tódolos dispositivos e na web https://app.element.io
<b>Código aberto</b>
Element Android é un proxecto de código aberto, hospedado en GitHub. Informa de fallos e/ou contribúe ao seu desenvolvemento en https://github.com/vector-im/element-android